Unha man bota no lume unha foto, que se resiste a arder, pero que acaba feita cinza, coma un soño que se esvae. Un vampiro solitario vaga polas rúas da noite coruñesa, na procura do seu alimento cotiá. Unha pantasma regresa, como cada vintecinco anos, ó vello pazo familiar. Velaí algunhas das imaxes que fixeron nacer os cinco relatos de Amor dos quince anos, Marilyn.